A comunidade galega rexistra hoxe 537 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende con respecto a onte, volvendo a baixar o medio millar nunha xornada. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 9.284, unha cifra que descende en preto de 200 casos grazas ás altas. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 59 (-2) están en UCI e 217 (+2) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 58 contaxios novos, cifra similar a onte, e restando as altas, os casos totais soben ata os 707 casos activos, 19 máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 26 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 9 (+2) na UCI.