Ata o próximo día 22 segue en marcha o concurso da praza de abastos, con grandes premios

A Asociación de praceiros do Carballiño ten en marcha ata o 22 de setembro a súa campaña de promoción de ventas de verán “Conéctate ca Praza de abastos”.

Os agasallos deste ano serán fundamentalmente tecnolóxicos, con tablets, móbiles e electrodomésticos, tamén botellas de viño Pazo Tizón e circuítos termais nas Caldas de Partovia e unha estancia no Gran Talaso de Sanxenxo. Ademais, sortearanse 500 euros en vales de compra. Para poder participar o único que tedes que facer e mercar produtos frescos na praza e con cada compra recibiredes unha papeleta para participar no sorteo.

AVANTAR ACTIVIDADES