As traballadoras da residencia xeriátrica da Xunta reclaman o pago de nóminas atrasadas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O retraso no pago das nóminas correspondentes ao mes de novembro motivou ás traballadoras da residencia pública para maiores dependentes do Carballiño a protagonizar onte unha mobilización de protesta, con concentracións de protesta diante do propio centro, ubicado no Cornuval, e da Casa do Concello. As empregadas apuntan que nesta mesma situación atópase o personal que traballa nas residencias xeriátricas e centros de día ubicadas noutros municipios ourensáns e en Asturias, tamén xestionadas mediante concesión pública pola empresa Gesmedical, afectando a un total de 150 persoas. Con pancartas cos lemas “Traballo digno, atención decente en Gesmedical” e “Non máis retraso no pago dos salarios” as empregadas do xeriátrico e do Servizo de Axuda no Fogar manifestáronse na tarde de onte co apoio do sindicato CIG, tamén esixindo o ingreso das pagas extras de Nadal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha das representantes sindicais do colectivo, Eleonor Conde, manifestou que Gesmedical non está a cumprir as condicións do convenio colectivo, ademais de denunciar que nos últimos meses a empresa levou a cabo unha reducción do personal no xeriátrico do Cornuval, sen que a empresa dese explicacións sobre a situación. Según indicaron fontes de Gesmedical, estes retrasos nos pagos débense a que a Xunta de Galicia arrastra unha demora á hora de abonar o cánon que corresponde pola concesión da explotación e que elo repercute na disponibilidade de liquidez para afrontar as súas obrigas co personal dos centros sociais que xestiona. As traballadoras voltarán a concentrarse mañá pola tarde diante da Casa do Concello do Carballiño.