CxG pide explicacións ó concello polo corte do suministro de auga dous días en Punxín

Publicidade ASPADISI

Compromiso por Galicia Punxín denuncia un corte auga de abastecemento municipal de dous dias de duración esta semana e critica que se fixera sen avisar nin dar ningunha explicación.

A formación asegura que este problema procede dunha falla de mantemento acusando ó concello de non estar pendente do seu funcionamento. O voceiro, Eladio Fernández, emitiu unha carta pedindo explicacións ó alcalde.

HIPER MASIDE

Pola súa parte, o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez, asegura que o problema deriva dunha avaría no bombeo dende o río Miño producida durante a noite do domingo. A avaría esta solucionada pero pediu paciencia ata que se volvan a encher os depósitos.