Galicia contará para o Xacobeo do 2021 cun plan de voluntariado

O presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que esta iniciativa contará con oito obxectivos: fomentar a relación interxeracional entre voluntarios novos e maiores; apoiar na información a peregrinos, difundir o patrimonio cultural galego entre os visitantes, reforzar o coidado medioambiental das rutas; xerar espazos de intercambio cultural; impulsar a formación para as persoas voluntarias; aproveitar o Xacobeo como expositor do valor da acción do voluntariado e consolidar Galicia como a comunidade máis solidaria de España.

Sobre este último punto, resaltou que, na actualidade, Galicia conta con 1.053 entidades de acción voluntaria rexistradas e 44.658 voluntarios que participan nas súas actividades.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as medidas, Feijóo referiuse ó voluntariado senior, que bisca que os maiores de 55 anos participen activamente e tamén o de xente nova, entre os 16 e os 30 anos.