Hoxe, 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebrase o Día de Rosalía de Castro. Sumándose á conmemoración, na tenda OZOCOgz, terán lugar ás 18:00 horas as actuacións do grupo de pandeireteiras Nébeda e do cantautor Andrés Fernández. Tamén haberá a Alborada de Rosalía interpretada por Alexandre Graña e lectura de poemas.

Por parte do concello, traballan na creación dun mural conmemorativo, ubicado fronte á oficina de recadación, pero por problemas técnicos non estará dispoñible para o propio Día de Rosalía. Ademais, unha ampla mostra das traballadoras do concello e a concelleira Guadalupe Sobrado, participaron nun vídeo de homenaxe a Rosalía de Castro, promovido pola área de Educación e Normalización Lingüística.

AVANTAR ACTIVIDADES