O Cine Club remata as proxeccións do mes de febreiro con dous filmes españois

IES CHAMOSO LAMAS

O Cine Club pecha este mes de febreiro, fin de semana de Entroido, con dúas películas españolas. O venres día 25 proxectan “Libertad”, filme debut da directora Clara Roquet, que lle valeu o premio Goya á Mellor Dirección Novel, e tamén a Nora Varas o Premio á Mellor Actriz Secundaria. A familia Vidal pasa na súa casa de verán as derradeiras vacacións da aboa Ángela, que sofre de Alzheimer avanzado. Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar: os xogos de nenos parécenlle ridículos e as conversas dos adultos aínda lle quedan grandes. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas, os dous en castelán. 

E o domingo día 27 pechan o ciclo de documentais ambientados na música, neste caso coa recentemente estreada “No somos nada”, de Javier Corcuera, centrada na figura de Evaristo Páramos , lider do grupo La Polla Records. O pase único será ás 19:00 horas. Todas as proxeccións serán no auditorio Manuel María do Carballiño. 

HIPER MASIDE