O Carballiño sobe lixeiramente tres casos ata os 168 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe  levemente ós 168 contaxios, tres contaxios máis ca onte. Maside baixa tamén levemente un caso ata os 34 casos activos. Boborás sobe ós 19 casos e Beariz conta con 14. San Amaro conta con 11 casos e Piñor con 10. San Cristovo de Cea conta con 8 casos. Punxín conta con 4 casos e O Irixo con tres.

A comunidade galega rexistra hoxe 1.681 contaxios novos. O número de casos activos descenden hoxe ata os 22.477. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 25 (-4) están en UCI e 535 (-55) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 195 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 2.679. En canto á presión hospitalaria, contamos con 67 (-10) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=)  na UCI.