A federación de Anpa públicas de Ourense preocúpase pola seguridade na internet dos seus fillos

IES CHAMOSO LAMAS

Consideran que a ciberseguridade é unha esixencia hoxe en día
O acceso libre a internet por parte dos nosos fillos e fillas é algo a ter en conta
cando se trata dos seres que máis queremos, así FAPA realizou unha enquisa para atender a necesidade que teñen os pais e nais que consideran, cada día máis, que a rede pode provocar conflitos, e con tres sinxelas preguntas valorar as súas inquietudes e poder propoñer unha opción adecuada para achegar tranquilidade aos socios da federación.
Unha das preocupacións que ten FAPA é a utilización da rede e os contidos aos que acceden os nosos fillos, así recomendan a utilización dun servizo que conte con todos os beneficios de seguridade para que a navegación sexa de forma segura na rede móbil e de acceso fixo a internet, protexendo de virus ( malware) e de páxinas fraudulentas ( phishing).
Para iso chegaron a un acordo co Grupo Teleoperator (Axente Autorizado
Vodafone para Ourense) para a contratación dun servizo a un prezo especial
de federado e desta maneira achegar tranquilidade ás familias. Unha iniciativa
que espertou un gran interese entre os pais e nais que forma parte da
Federación de ANPA públicas de Ourense.
Grupo Teleoperator pon ao dispor dos asociados Fapa, as tendas das que dispón na
provincia de Ourense así como un número de teléfono e mail exclusivo 988104104
fapaourense@grupoteleoperator.com para que os asociados, previa acreditación, realicen
todas as consultas que consideren