Actividade para conmemorar o 8M “Dia internacional da Muller” en Piñor: “Contamos en Igualdade”

O Concello de Piñor informa da realización da actividade CONTAMOS EN IGUALDADE, con motivo do vindeiro 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O tema da igualdade de xénero e a loita por acadar esa igualdade efectiva e real entre mulleres e homes require dunha implicación por parte de tódalas administracións. Máis concretamente, a infancia e adolescencia son un colectivo co que hai que traballar o tema de forma prioritaria, así como coas nais e pais, pois se educamos en igualdade crearemos futuras persoas adultas responsables e respetuosas. Dende o Concello de Piñor son moitas as iniciativas que, ó longo do ano, se levan a cabo neste eido, tanto actividades directamente destinadas ó tema da igualdade como iniciativas de tipo transversal, tratando de incluir o tema da igualdade en diversas actividades infantís de conciliación que se levan a cabo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é precisamente un servizo que traballa directamente este tema, tanto coas familias usuarias como nas actividades comunitarias que leva a cabo. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo a actividade CONTAMOS EN IGUALDADE, un contacontos sobre a igualdade de xénero que terá lugar o sábado 5 de marzo ás 18h no Centro Social (Albarona, Piñor). A entrada é gratuita e manteranse tódalas medidas actuais de prevención contra o COVID19.

Por outra banda, haberá instalado no local un stand informativo sobre coeducación. Baixo o lema “¿COEDUCAMOS?”, a educadora familiar fará entrega de material informativo e recursos educativos para facilitar a tarefa dos pais e nais á hora de educar en igualdade de xénero. Neste eido, cóntase coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade.

Animamos á poboación a asistir ó contacontos CONTAMOS EN IGUALDADE, para pasar unha tarde en familia divertida, mentres fomentamos a igualdade de xénero entre os nosos nenos e nenas.