O cine de Leiro proxecta a estrea de Tom Holland, “Uncharted”

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana, neste caso para ofrecer un filme recentemente estreado e xa famoso pola crítica. Trátase de “Uncharted”, protagonizada por Tom Holland e Mark Wahlberg. Conta a historia de Nathan Drake e o seu compañeiro Victor Sullivan, que se embarcan nunha perigosa busca do “maior tesouro xamais atopado”. Ao mesmo tempo, buscan pistas que poden levar á desaparición do irmán de Drake.

Os pases será o venres, sábado e domingo, ás 17:00 horas e ás 20:00 horas e o luns e xoves próximos ás 20:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES