Desfile do sábado de piñata en San Amaro

Esta información e as fotos foron facilitadas pola comparsa “Os Nevadiños” de San Amaro

Hoxe sábado 5 de marzo tivo lugar no San Amaro o desfile do Entroido de 2022.

AVANTAR ACTIVIDADES

A participación no desfile estivo perto do cento de persoas, mentres foron varias as ducias de veciñas e veciños que saíron ás rúas para ver pasar o entroido amarense. Á parte da nosa comparsa, “Os nevadiños“, participaron no desfile “Os azucarados” de Maside e os Felos de Garabás, que abriron o percorrido dacabalo.

O desfile, que mantivo o deseño de hai 2 anos, arrincou ás 5 da tarde do cruce de San Fiz e percorreu as rúas do San Amaro, pasando polo CEIP Euloxio G. Franqueira e rematando no lugar do Cruceiro, na parroquia das Neves, de onde procede esta comparsa.

Este desfile foi posible grazas á iniciativa da comparsa Os Nevadiños, que decidiu saír á rúa ao comprobar que non había ningunha outra convocatoria no noso concello. 

Queriamos darlle as grazas a Fernando (alcalde de San Amaro), porque estivo pendente en todo momento de todo o que acontecía durante o desfile e tamén ás Protección Civil do Ribeiro, polo gran traballo que fixeron durante todo o percorrido.

Entre os participantes do desfile atopábase os concelleiros do San Amaro, Carlos Pérez e Carlos Paz, responsables do último desfile de Entroido que tivo lugar neste concello, amais do alcalde de Maside, José Manuel Iglesias.