O balneario de Partovia acolleu o Foro Termal do Eixo Atlántico, o primeiro presencial logo da pandemia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe a reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico, que tivo lugar esta mañá no Balneario Caldas de Partovia, no Carballiño. Estivo acompañado pola xerente do Inorde, Emma González, pola concelleira de termalismo de Ourense, Flora Moure, representantes do norte de Portugal, e ademais, polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, así coma da recentemente nomeada presidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta foi a primeira reunión presencial despois da pandemia, aínda que mantiveron a asúa actividade de xeito telemático. Neste econtro falaron de estratexia termal, para potenciar os recursos tan valiosos cos que conta a provincia en relación cas augas mineromedicinais. Tamén enfocados no turismo de recuperación logo das perdas ocasionadas pola pandemia.