A agrupación cultural Avantar organizará nos segundos xoves de cada mes unha actividade cultural: FALADOIRO .

IES CHAMOSO LAMAS

Dende a Agrupación cultural Avantar do Carballiño deseñase e  proponse para cantas persoas queiran participar unha nova actividade que damos en chamar FALADOIRO.

Cada segundo xoves de cada mes reunirémonos a carón dunha mesa, a partir das 20:00 no LUSCO-FUSCO (Cafetería do Casino do Carballiño)

HIPER MASIDE

A  idea é propoñer diversos temas de interese para todos nos, ben relacionados coa vila do Carballiño, ben de ámbito xeral. Expoñer as ideas de cada quen e debatelas ,pasar uns momentos agradables e de convivencia entre os asistentes é  o obxectivo.

A actividade iniciarase o xoves 10 de marzo do 2022 as 20:00 no Lusco-Fusco.