González Casares: “España marca o camiño á Comisión Europea para reducir os beneficios extraordinarios das eléctricas e facer fronte á crise da enerxía”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“É un bo punto de partida, pero hai que ir máis aló para  desligar os prezos do gas dos da electricidade”, asegurou o eurodeputado este martes no Pleno do Parlamento Europeo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Bruxelas, 8 de marzo de 2022

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares sinalou no Pleno do Parlamento Europeo que “a proposta anunciada hoxe pola Comisión Europea para reducir os beneficios extraordinarios das eléctricas segue a iniciativa que adoptou España o pasado mes de setembro para facer fronte á alza de prezos da enerxía”. “España reclamou medidas coordinadas a nivel europeo e tomou a dianteira cunha medida que hoxe se demostra que era moi necesaria”, dixo.

Para o eurodeputado, “trátase dun bo punto de partida”, pero apuntou que “é necesario ir máis aló do ámbito fiscal” e “desvincular a volatilidade dos prezos do gas da formación do prezo da electricidade, mediante un prezo máximo á electricidade xerada con gas natural”.

González Casares, que é membro da Comisión de Industria e Enerxía da  Eurocámara, subliñou que a proposta do executivo comunitario “é de clara inspiración española”, con medidas sobre a compra conxunta de gas e a regulación para asegurar un limiar mínimo de almacenamento de gas ao 90% para outubro. 

O eurodeputado avogou por un despregamento máis ambicioso das enerxías renovables, “esenciais para mellorar a independencia e seguridade enerxética”, e pediu reforzar os instrumentos que permitan o seu despregamento, fomentando acordos anticipados de compra de enerxía (PPAs), aumentando obxectivos e simplificando os trámites administrativos.