Unha mostra fotográfica amosa o día a día de nenos e mozos con diabetes

IES CHAMOSO LAMAS

O Auditorio Municipal acolle unha exposición fotográfica en colaboración ca Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia. Esta mañá foi presentada polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e representantes da asociación. Fernández destacou a importancia de amosar a realidade actual e o apoio ás familias.

A exposición conta con 21 imaxes que amosan a persoas que sofren esta enfermidade no seu día a día. A representante da asociación, Yolanda, explicou hoxe a finalidade de traer esta mostra, para concienciar á sociedade sobre a realidade que viven as familias.

HIPER MASIDE

Como representante das familias afectadas, hoxe estivo con nos Lidya Giselle Almonte, falando da súa experiencia como nai dun mozo con diabetes. O’Potiños, asociación colaboradora, incluíu esta exposición dentro do Arenteiro Fotográfico. Nesta presentación tamén estivo presente o presidente, Manuel Blanco, que convidou a todos a ver esta mostra, facendo tamén unha invitación ós colexios.