Cenlle busca dous traballadores para o acondicionamente de vías públicas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de Cenlle abre a convocatoria para a contratación laboral de dous/dúas traballadores/as para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade, para o acondicionamento de vías públicas e medioambientais do Concello de Cenlle. Será un contrato laboral temporal a xornada completa cunha duración de seis meses e cun proceso de selección de concurso de méritos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O prazo de presentación será de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal