Nota do BNG de Cenlle na que piden maior implicación nas obras ó concello

IES CHAMOSO LAMAS

Véñense dando acontecementos xa coñecidos na política de asfalto. Para o BNG de Cenlle
e a veciñanza levantar as rúas e reconstruir non é suficiente se se fai con criterios de adxudicación arbitrarios, xerando máis molestias que futuros beneficios e desaproveitando as oportunidades que supoñen tales inversión para unha mellora duradeira dos nosos espazos urbanos.

Así pois non se pode calificar máis que de esperpéntico que tras reformar a praza da
Tenencia en Cenlle, o goberno municipal encabezado polo seu alcalde amosen unha
manifesta desidia na supervisión e conservación dos espazos peonalizados. A principal proba disto foi que trala solicitude no pleno deste grupo municipal de garantir o uso exclusivo de peons de dita praza e garantir o correcto uso e conservación do pavimento, o goberno municipal se limitase a unha ridícula sinalización para cumplir cos acordos do pleno, sen que isto impida que dito espazo sexa utilizado como un aparcadoiro, agora baixo o consentimento do alcalde e o seu goberno.

HIPER MASIDE

Por outra banda queda de manifesto que ésta é unha práctica recorrente por parte da
alcaldía, como se aprecia na Praza do núcleo de Laias. Esta obra carece de supervisión algunha por parte do goberno municipal xa que, para comezar, non se está cumprindo os prazos de finalización, posto que xa debería estar rematada e non se lle ven tal traza.

Dendo o grupo municipal do BNG xa instamos, e seguirémolo facendo, a aproveitar as molestias que xeran para a veciñanza ditas obras para poder facer tódolos acondicionamentos posibles e así mellorar o subministro de auga con novas canalizacións e chaves de paso, a adecuación do pavimento para un tránsito seguro tendo en conta a concentración de poboación alí, así como un seguimento riguroso e exhaustivo das obras.

O grupo municipal do BNG de Cenlle é consciente de que levantar rúas e levar a cabo
obras no termo municipal é bo e necesario, sempre e cando o fin disto busque o benestar da veciñanza e non o rédito político. Somos plenamente conscientes de que iste non foi un alcalde electo e estamos ao remate dunha lexislatura de desgobernanza. Levar a cabo obras trae o seu rédito político, pero por respecto á veciñanza o BNG esixe que o asalariado alcalde supervise e planifique as obras, e non teña o termo municipal levantado de forma inútil simplemente por sacar beneficio electoral e facer campaña nos vindeiros comicios. Un xestor público, que ademáis se lucra nas súas funcións, debe priorizar o benestar dos contribuintes.