o Paco Chao acolle o domingo a primeira etapa da federación galega de patinaxe coa organización do club Aehde

IES CHAMOSO LAMAS

O anexo do pavillón Paco Chao do Carballiño acolle o domingo, dende as dez, a I etapa do circuíto Roller Cross da Federación Galega de Patinaxe coa organización do Club de Patinaxe Aehde O Carballiño.

A deste domingo corresponde á patinaxe en liña e na cita estarán representados clubs das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense nas diferentes categorías, dende pequenos á absoluta. O Aehde, club organizador, contará cunha pequena representación.

HIPER MASIDE

Por outra banda, no mes de xuño o Club Aehde será o organizador do Campionato Galego de grupos show de segunda categoría e no mes de outubro o Paco Chao acollerá unha fase de niveis da FGP.