A delegación Ourensá con axuda humanitaria, SOS Ternópil Galitzia prevé chegar a Polonia esta noite onde se prepara para o transbordo mañá ao medio día.

Dous autobuses levan material de primeira necesidade a Ucraína e volve con 96
nenos, nenas e as súas nais
Unha delegación Ourensá de 2 enfermeiros, 2 médicos (deles un é tradutor), 2 tradutores, seis condutores e equipo de voluntarios da organización viaxarán ata Ucraniaa
A iniciativa privada Ternóplil Galitzia que logrou conseguir dous
autobuses e un camión trailer que suman 30 toneladas de produto de primeira
necesidade e chegará a Polonia hoxe martes a media noite. Mañá
día 16 ten previsto chegar a un dos pasos fronteirizos onde lles
esperarán dous autobuses coas 96 persoas que regresarán a Ourense.
Seguidamente o material cargado nos dous autobuses do convoi serán
levados ao campo de refuxiados polos dous autobuses Ucraínos.
Non será ata días máis tarde que o camión trailer que suma en total coa
carga dos dous autobuses as 30 toneladas chegará ao paso fronteirizo.

Viaxe volta
Espérase que a volta a Ourense aos tres centros de acollida, o Seminario Maior, o albergue de San Xoán de Río e o albergue de Trives prodúzase o venres 18 de marzo pola tarde.
Foto enviada: Parada técnica en Colonia (Alemaña)

AVANTAR ACTIVIDADES