convívio (Dicionário Estraviz)s. m.
(1) Convivência, familiaridade.
(2) Banquete.
[lat. conviviu]
Arteficial levamos tempo coa ollada posta en Portugal. Esta curiosidade por coñecer o que acontece do outro lado da raia levounos a descubrir unha chea de bandas, artistas e colectivos portugueses cos que forxamos lazos que nos levaron a diferentes lugares (Lisboa, Braga, Leiria, Lamego…).
Agora queremos levar un pouco máis lonxe esta curiosidade e forxar alianzas fortes e reais entre festivais e colectivos portugueses e galegos.
Así nace Convívio: unha xornada de convivencia na que se atopen creadores/as, promotores/as, artistas, colectivos e diferentes axentes da cultura tanto da Galiza como de Portugal.
Neste encontro falaremos das necesidades da realidade e do potencial dos eventos que estamos a levar a cabo pero tamén queremos que o convívio se convirta nun lugar onde compartir información, no que coñecernos e no que establecer diálogos que leven a un enriquecemento das comunidades ás que pertencemos.
Este encontro terá lugar o 9 de abril de 2022 en diferentes espazos de Ribadavia e nel haberá lugar para a escoita pero tamén para as conversas informais entre todas as persoas que queiran participar.
Estamos respaldadas pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, o que garante un evento enmarcado dentro das boas prácticas.
Ademais, durante o evento haberá tempo para catar un Ribeiro, facer unha visita guiada por Ribadavia e como non, para a música ao vivo cun concerto na Igrexa da Madalena, punto neurálxico do Festival Arteficial e da vida cultural da fermosa vila medieval.
Programa
10.00h. Recepción no Museo Etnolóxico de Ribadavia a cargo da Concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia
10.30 – 12.00h. Primeiro faladoiro. Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia
12.00 – 14.30 h. Visita ao Museo do Viño de Galicia en Santo André de Camporredondo en autobús con saída desde o Museo Etnolóxico de Ribadavia + degustación de viño do Ribeiro.
14.30h – 16.00h. Descanso para xantar.
16.00h – 17:30. Segundo faladoiro.Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia
17:45h – 19:15. Dinamización. Convivencia. A cargo de Diego Parajó. Lugar: Club Artístico (cafetería Vital)
19.15h – 20:15. Visita guiada pola Ribadavia máis cultural. Saída desde O Club Artístico de Ribadavia
20.30h – 21.30h. Concerto na Igrexa da Madalena (GARZA)
Faladoiro 1:
(André Simões– Bullet Seed-, María Jesús Rodríguez –Teleclube -, Hugo Ferreira – Omnichord Records Unipessoal//Why Portugal-, Patricia Hermida – Dot Beat//MIM (Mulleres da Industria Musical)-, Manuel Araujo Montero – Arteficial//Musgo/MAM CULTURA-).
• Programación e patrimonio en entornos rurais. Novas formas de ruralidade.
• Papel dos “pequenos festivais” na industria cultural.
• Descentralización da actividade cultural. Existe vida máis ala de Compostela e do eixo atlántico.
Faladoiro2:
(Sérgio Alves – Bons Sons-, María Vaqueiro -Pacto Cultura Sustentable-, Adriana C. Tarela – Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural-, Ainhoa Viñuela Don – Arteficial-)
• A raia. Circulación de música entre Galiza e Portugal.
• Desenvolvemento Territorial Sostible e Acción Cultural.
• Territorios Conectados e identidades híbridas.
Inscricións: