A parroquia modifica os horarios das misas dacordo á situación sanitaria

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Debido a actual situación de emerxencia sanitaria e ás recomendacións  de limitar a actividade e a mobilidade das persoas o máximo posible a partir das 18:00 horas, dende a parroquia do Carballiño fixeron cambios nos horarios de celebración das misas. Así, durante as próximas dúas semanas, a misa da tarde que se celebra ás 19:00 horas na igrexa da Veracruz, pasará a ser ás 16:00 horas de luns a sábado. Os domingos, esta misa será ás 18:00 horas. A misa das mañás, ás 09:00 horas, mantén o seu horario habitual.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, mañá martes celébrase a  festa da Virxe das Candelas e o mércores, a festa de San Blas, polo que haberá misa ás 12:00 horas na igrexa do centro.