Sanidade amosa “preocupación” por como afecta a folga do transporte ós hospitais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, amosou a súa preocupación pola situación da folga dos transportistas e como afecta ao ámbito sanitario. Se isto durase moito máis que esta semana, poderíanse ter grandes problemas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Comesaña indicou que ao longo da semana pasada o descenso da entrada de material sanitario foi do 60%”, na plataforma loxística que tamén concentra o transporte, en Negreira, onde reciben provedores e subministracións aos hospitais.

Tamén hai unha afectación dalgún produto non sanitario, como auga ou algún alimento nun centro hospitalario, ou pellets para biomasa.

Tamén recoñeceu que houbo un problema con material específico e houbo que realizar axustes. Non obstante, polo momento, non ten repercusións importantes, pero admitiu que a situación é “preocupante”.