A asociación de comerciantes do Carballiño da un paso máis na loita pola concienciación en favor de mercar no comercio local fronte as grandes superficies e o mercado online. Esta campaña chega no momento no que as novas restricións súmanse a case catro meses de peche no confinamento e a unha tempada de outono de vendas moi limitadas. A campaña leva o lema “Abre os ollos” e pretende mandar unha mensaxe que impacte na sociedade para recordarlle a importancia do comercio de proximidade fronte a outros tipos de venda. Os comerciantes transmiten á asociación que están chegando ata o límite. Ademais, moitos coinciden que a situación que está a pasar a hostalaría provoca un efecto rebote sobre eles, de xeito que o baleiro nas rúas cos bares e restaurantes pechados provoca que o comercio tampouco teña clientes. A xerente do CCA, Noelia Mares, explícanos a situación.
O Centro Comercial Aberto lanza a campaña “Abre os ollos” en favor do mercado local
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------