Luz Doporto participa nos traballos de creación do primeiro Mapa de Cohesión Social do Eixo Atlántico

A deputada asistiu á reunión do grupo temático de Política Social e avanzou a máxima colaboración da Deputación: “Comprometémonos a proporcionar tódolos datos necesarios para realizar a radiografía social máis real posible dos territorios que compoñen o Eixo Atlántico”

A Deputación de Ourense participou en Lalín na reunión do grupo temático de Política Social do Eixo Atlántico. A deputada Luz Doporto asistiu a esta xuntanza, situada no ámbito do programa INTERREG V 2014-2020. Neste marco presentouse un traballo que dará como resultado o primeiro Mapa de Cohesión do Sistema Urbano do Eixo Atlántico, relativo aos municipios e cidades que forman parte desta rede transfronteriza. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Luz Doporto garantiu a máxima colaboración da Deputación de Ourense nesta liña de traballo, de cooperación interadministrativa e co foco no eido social que encaixa perfectamente coa acción do goberno provincial presidido por Manuel Baltar: “Comprometémonos co equipo redactor do mapa a a proporcionar tódolos datos necesarios ao Observatorio Social que se creará a tal efecto, para que este traballo combinado coas futuras reunións programadas poidan crear unha radiografía social o máis real posible dos territorios que compoñen o Eixo Atlántico”. 

A deputada resaltou os avances desenrolados ao longo da xornada de traballo: “O encontro foi produtivo en diferentes prantexamentos de problemáticas territoriais, cada unha coas súas singularidades. E emprazouse á organización de seis novas reunións de traballo cocreativas, para avanzar neste proxecto xa con aportacións técnicas”. As reunións sectoriais servirán para avanzar no Mapa de Cohesión e debater cuestións particulares. 

Esta reunión foi presidida polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o alcalde de Lalín, José Crespo. Roberto San Salvador e Fernando Villatoro, catedrático e investigador da Universidade de Deusto. A reunión acudiron representantes políticos e técnicos dos concellos e deputacións do Eixo Atlántico. 

Estudo innovador

O estudo servirá para fotografar as condicións de vida dos cidadáns, converténdose nunha ferramenta para que os gobernos municipais poidan elaborar políticas sociais axustadas á realidade. O informe deberá estar finalizado antes de agosto para preparar futuras propostas para os fondos europeos. Este proxecto é unha experiencia pioneira a nivel europeo, xa que é a primeira vez que se vai a realizar un mapa de cohesión nun sistema urbano fronteirizo.