A Xunta comeza a tratar aos pacientes con covid-19 con novas terapias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou dous novos medicamentos que vai ter a Xunta para a loita contra o covid. O primeiro, o de Paxlovid, do que chegan a Galicia as primeiras 677 unidades, e o segundo, o Evusheld, do que 1.772 doses chegarán esta semana ao servizo de farmacia do Hospital Universitario da Coruña.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Respecto a Paxlovid, está indicado en pacientes con infección por SARS-Cov-2 que presenten enfermidade leve ou moderada, nos primeiros cinco días de síntomas, que teñan un alto risco de progresar a covid-19 grave, nas seguintes actuacións: persoa non vacinada. maiores de 80 anos; persoa maior de 65 anos non vacinada e polo menos un factor de risco; e persoa inmunodeprimida, independentemente do estado de vacinación.

Os candidatos a Evusheld son adultos de 18 anos ou máis con condicións de risco asociadas á inmunosupresión que demostran unha resposta inadecuada á vacinación e aqueles para os que a vacinación está contraindicada e teñen un risco moi alto de padecer enfermidade grave por SARS-CoV-2.