Espazo Común manifesta que o Concello do Carballiño oculta casos de Covid-19 entre traballadores municipais

IES CHAMOSO LAMAS

A formación recorda que estamos nuns momentos extremedamente complexos e nos que aseguran que as diferentes administracións apelan á responsabilidade individual de cada un intentar para frear a pandemia que se está a desenvolver e que costa vidas humanas tódolos días, recalcando que o papel dos concellos é fundamental nesta loita.

As administracións máis próximas ó cidadán teñen a obriga de controlar o cumprimentos das medidas de protección decretadas e ó mesmo tempo poñer tódolos seus recursos ó dispor da tarefa de garantir a saúde pública, reseña a formación.

HIPER MASIDE

Aseguran que no Carballiño non está a acontecer así. Afirman que neste caso estase producindo “oscurantismo e a constante falsidade e manipulación dos feitos por parte do alcalde Fumega e o seu equipo”, en palabras dos representantes de Espazo Común.

Recordan que ó longo da semana pasada houbo un constante devir de novas sobre un brote de COVID19 no Carballiño que acadou un número importante de casos, incluso na plantilla de traballadores do propio Concello. “Ó contrario do que fixeron en lugares tamén gobernados polo PSOE coma Barbadás ou Monforte onde inmediatamente se fixeron públicos os contaxios e se publicaron bandos e informacións demandando á cidadanía extremar precaucións, o goberno carballiñés tentou facer ver que non acontecía nada. Nin unha soa nova, nin unha soa publicación en redes, nada”, critican dende a formación.

Recordan que no Carballiño chegouse ó punto de pechar as instalacións de Servizos Socias, o pasado luns, para unha desinfección despois de saber que un dos positivos estivo alí en días anteriores. E ademáis alertan de que esta acción fíxose sen avisar nin tan sequera ós usuarios que tiñan cita previa nin poñer un cartel informativo na porta das instalacións.

Aseguran que noutras dependencias municipais, onde dende Espazo Común teñen constancia de que houbo presencia dalgún dos infectados, negouselle ós traballadores durante días que fora necesario facer desinfección algunha.

Dende Espazo Común piden explicacións ó concello de cal é o por qué dunha actitude que califican de “irresponsable” e ademáis esixen ó alcalde, Francisco Fumega, que non xogue con algo tan delicado e que pode ter un custo tan caro para a veciñanza, aseguran.