Concello e Xunta asinan o inicio das obras de mellora do centro de saúde de Ribadavia

Esta mañá, a Xunta e o concello de Ribadavia asinaron o proxecto de inicio de obra para a mellora do centro de saúde. A alcaldesa de Ribadavia agradece esta tan necesaria mellora, pero segue poñendo enriba da mesa un novo centro de saúde para a comarca.

A pesar deste notable incremento, desde o Concello continuarán insistíndolle á Consellaría sobre outras melloras como a estrutura do edificio e tamén no exterior, na necesidade de mellorar a rampa de acceso e a reforma do aparcadoiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O obxectivo principal é a rehabilitación e a actualización da envolvente térmica do edificio. Levarase a cabo un illamento térmico integral, unha substitución total da cuberta, cambiaranse as carpinterías exteriores por unhas ventás con persianas e vidros dobres e aplicarase un sistema de illamento térmico exterior.

Para rematar, a alcaldesa puxo en valor o traballo e loita do persoal sanitario durante esta pandemia, e amosou a súa disposición de loitar porque se cumpran os seus dereitos laborais.