A Xunta mantén aberto ata o 8 de abril a solicitude de matrícula para as escolas infantís públicas

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta de Galicia mantén aberto ata o vindeiro 8 de abril o prazo de solicitude de matrícula nas escolas infantís públicas autonómicas. As nais e pais poderán formalizar a solicitude ao longo desta semana nunha das máis de 10.000 prazas dos centros que forman parte da rede autonómica.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

As familias non terán que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos no vindeiro curso, que será o primeiro no que será 100% gratuíto para todas as nenas e nenos de 0 a 3 anos. Non será necesario realizar ningún trámite adicional para beneficiarse da gratuidade, medida que xa se aplica aos segundos e sucesivos fillos desde abril de 2020.

Toda a información sobre os trámites a seguir para solicitar praza, os requisitos e a documentación necesaria e os formularios correspondentes están dispoñibles tanto no DOG do 16 de marzo como na páxina web da Consellería de Política Social.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------