Onte domingo o Club Ciclista Carballiño inauguraba o calendario da Copa Galicia en Ferrol, cuns grandísimos resultados para os corredores. En categoría CADETE, Alex García acadaba o primeiro posto despois dunha gran carreira, o que tamén lle sirve para poñerse como líder provisional da Copa e vestir o maillot. Na mesma categoría, Ivan Rey asinaba un meritorio 36° posto.
En categoría JUNIOR, Miguel Panadeiros asinaba un grandísimo 7° posto. A vindeira cita, o sábado 9 en Betanzos.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









