Ribadavia lidera a creación de emprego no mes de marzo nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

En canto as cifras de desemprego deste marzo na contorna, a situación apenas presenta cambios. Na comarca do Carballiño, o número de desempregados descende en catro persoas, baixando ós 1.406 parados totais. San Cristovo de Cea é o que máis emprego creou, con seis persoas paradas menos, para un total de 60. O Carballiño descende ata os 830 parados, tres menos ca en febreiro e Maside dous, ata os 215, e tamén dous menos en Beariz, ata os 20 parados. Por outra banda, Piñor, O Irixo e Boborás, ascenden este mes o número de desempregados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Ribeiro, Ribadavia lidera a creación de emprego, con 18 desempregados menos neste mes, ata un total de 282. Leiro, Cenlle e Avión tamén baixan as cifras, pero moi levemente. Pola contra, Carballeda de Avia e Melón incrementan os parados en oito persoas cada un.