O PsdeG do Irixo pide melloras na seguridade vial

IES CHAMOSO LAMAS

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo INSTA Ó GOBERNO MUNICIPAL Á MELLORAR A SEGURIDADE, COLOCACIÓN DE NOVA SINALIZACIÓN  VERTICAL E LUMINOSA E PASOS DE PEÓNS NA ESTRADA ENTRE CARBALLIÑO E LALÍN O SEU PASO POLO IRIXO.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA Á MELLORAR A SEGURIDADE, COLOCACIÓN DE NOVA SINALIZACIÓN  VERTICAL E LUMINOSA E PASOS DE PEÓNS NA ESTRADA ENTRE CARBALLIÑO E LALÍN O SEU PASO POLO IRIXO.

HIPER MASIDE

PRIMEIRO.- Que a estrada OU902 e a principal vía de comunicación do noso concello co Carballiño e Lalín. Unha estrada que comunica O Carballiño con Lalín pasando polo noso concello con extensos tramos rectos que a pesar das seus límites de velocidade non sempre se respetan.

SEGUNDO.- Que son varios os pobos que atravesa esta estrada; Pedriña, Guimarás, Coucieiro, Bugalleira, Dadin, As laxas, Abanico ou Baxin e Campinas, algún coincidindo con curvas e outros con prolongadas rectas que en ocasións invitan a velocidade a pesar da limitacións da vía.

TERCEIRO.- Que a actual sinalización pasa desapercibida en moitas ocasións para os condutores que habitualmente circulan por esa vía e atravesan o noso concello debido a súa familiaridade, as veces por imprudencia pero moitas outras por despistes que fan que non se respecten os límites de velocidade que poñen en risco o resto de condutores e a veciñanza que habita nos núcleos de poboación que atravesa esta estrada no Irixo.

CUARTO.- Que e preciso reforzar a seguridade non so dos conductores, seno tamén da veciñanza que reside nos pobos e lugares que atravesa esta estrada coa colocación de novos pasos de peóns sinalizados.

Que o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal instando ó Concello a:

1º.-  Que o Concello de O Irixo solicite da administración responsable da OU902, estrada entre Carballiño e Lalín o seu paso polo Irixo, Xunta de Galicia de ser  o caso, MELLORAR A SEGURIDADE COA COLOCACIÓN DE NOVA SINALIZACIÓN  VERTICAL E LUMINOSA que recorde os límites de velocidade, e/ou calquera outro indicador, sinalización ou actuación encamiñada a garantir que se respeten os límites de velocidade o seu paso polo Irixo e mais concretamente nos pobos da Pedriña, Guimarás, Coucieiro, Bugalleira, Dadin, As laxas, Abanico ou Baxin e Campinas.

2º.- Que se coloquen novos pasos de peóns e se sinalicen vertical e luminosamente o seu paso da OU902 polos pobos do Irixo.

3º.- Que se faga un estudio para reforzar a sinalización en toda a rede viaria no termo municipal do noso concello de O Irixo.