O Carballiño despuntará esta Semana Santa en ocupación hoteleira

O Carballiño, como vila turística por excelencia na provincia de Ourense, prepárase para unha Semana Santa de recuperación para o sector, rememorando o potencial previo á pandemia. Deste xeito, puidemos falar co concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que fixo un sondeo no sector hostaleiro e hoteleiro sobre cales son as previsión para os días festivos. As cifras mínimas de ocupación superan todas o 60%, e nalgúns casos alcanzan un 100% de ocupación.

O concello abrirá a oficina de Turismo ubicada na Alameda para poder ofrecer información sobre qué ver e qué facer para todos os que se acheguen á vila nestes días. Xoves, Venres e Sábado estará aberta de mañá e tarde e o domingo so en horario de mañá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, no camping do Carballiño xa se está a notar a presenza de turistas, tanto chegados en caravana como nas pallozas, con cinco delas xa completas de ocupación. O Carballiño e a súa oferta están sendo xa un reclamo atractivo.