Como xa ven sendo habitual dende fai máis dunha década, os alumnos do IES Chamoso Lamas achegáronse á Semana de Filosofía de Pontevedra, centrada este ano no pensamento contrahexemónico.
Estas xornadas, que xa van pola súa 38 edición, son un dos congresos de Filosofía máis imprtantes do estado español, con amplo recoñecemento internacional e polas que teñen pasado pensadores e pensadoras de recoñecido prestixio dentro do campo do pensamento filosófico.
Desta vez os alumnos participaron en dúas charlas, unha pola mañá sobre o especismo e os dereitos dos animais impartida polo profesor de Filosofía Moral da USC, Oscar Horta, e outra pola tarde impartida pola xornalista e escritora Montse Fajardo na que se falou de memoria histórica dende unha perspectiva feminista poñendo o foco na represión exercida pola réxime franquista sobre as mulleres.
A actividade foi cordinada polos departamentos de Galego e Filosofía do centro.