Este venres día 29 o cine club pecha a súa programación de abril coa última película do director iraní Ashgar Farhadi, Un héroe, Gran Premio do Xurado en Cannes e nominada nos Globos de Ouro como mellor película estranxeira. A acción sitúase no Irán actual, onde o protagonista, Rahim, está no cárcere por unha débeda que non poido pagar.
Durante un permiso intenta que o seu acreedor retire a denuncia, pero as cousas non saen como el tiña previsto. Unha película sinsela, profunda e sensible, tal e como nos ten acostumados este director, do que somo tan fans. Gañador de dous premios Oscar, é hoxe en día o director iraní máis coñecido tanto dentro como fora do seu país, sendo aclamado tanto polo público como pola crítica internacional.
Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, ambos no Auditorio Manuel María do Carballiño.