A D.O. Ribeiro acada 27 galardóns no Concurso VinEspaña

MÁIS DA METADE DOS GRANDES OUROS EN VIÑOS BRANCOS TRANQUILOS DO CONCURSO VINESPAÑA RECAEN NA D.O RIBEIRO

A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia recibe un total de 27 galardóns neste certame nacional itinerante, organizado este ano en Laias (Cenlle, Ourense) pola Federación Española de Enoloxía ( FEAE)

AVANTAR ACTIVIDADES

A D.O. Ribeiro recibiu un total de 27 galardóns no IV Concurso Nacional de Viños VinEspaña 2022, celebrado do 28 ao 30 de abril nas instalacións do Balneario de Laias, Cenlle, Ourense.

Na categoría de Viños Brancos Tranquilos foi premiada con 10 Grandes Ouros (dos 19 outorgados en total), 11 Ouros e dúas Pratas. Ademais, no apartado de Viños Tintos Tranquilos foi recoñecida con dous Ouros e dúas Pratas.

O presidente do @Consello Regulador dá D.O Ribeiro, Juan Manuel Casares, considera que o éxito alcanzado neste certame é unha mostra máis do interese que segue espertando os viños da D.O Ribeiro: “os nosos viños alzáronse unha vez máis con numerosos galardóns neste concurso, o que ratifica o camiño cara á excelencia que levamos percorrendo desde hai varios anos. Como dixen en varias ocasións, está claro que vén unha nova primavera para o Ribeiro”

VinEspaña
Este concurso de viños está integrado dentro dos Concursos Nacionais e internacionais que patrocina a Unión Internacional de Enólogoes/Enólogos ( UIOE).
A Federación Española de Enoloxía busca a produción de viños de gran calidade, favorecer o seu coñecemento entre os consumidores, destacando os viños premiados e a riqueza vinícola do noso país. Así como contribuír á expansión da cultura do viño e ao progreso do sector, fomentando o coñecemento vinícola. Ao mesmo tempo que se reforza o prestixio e a confianza nos concursos desta categoría.

Premiados de la D.O. Ribeiro

GRAN ORO

  1. O Cotarelo 2021 de Benigno Ríos Mosquera
  2. Adeus 2021 de Bodegas Campante 
  3. Alter 2021 de Priorato de Razamonde
  4. Benedictus Fructus 2021 de Bodegas Val de Souto
  5. Mónica Albor Treixadura, Godello, Loureira 2021 de Mónica Albor López
  6. Sameirás 2020 de Antonio Cajide Gulín
  7. 1040 Sameirás 2019 de Antonio Cajide Gulín
  8. Eduardo Peña 2021 de Eduardo Rguez. y Luz Cánovas
  9. Ramón do Casar 2021 de Ramón do Casar 
  10. Pazo Tizón 2020 de Pazo Tizón 

ORO

  1. Canción de Elisa 2021 de Adega Dona Elisa
  2. A Telleira Godello 2021 de Bodegas Campante 
  3. Ramón do Casar Nobre 2020 de Ramón do Casar 
  4. Catro Parroquias 2021 de Bodegas Loeda
  5. Ramón do Casar Godello 2020 de Ramón do Casar 
  6. Catro Ferrados 2020 de José Varela Aguado
  7. O Cotarelo barrica 2020 de Benigno Ríos Mosquera
  8. Ramón do Casar Treixadura 2021 de Ramón do Casar 
  9. Priorato de Razamonde 2021 de Priorato de Razamonde
  10. Manuel Rojo 2021 de Adega Manuel Rojo
  11. A Telleira Parcelas 2021 de Bodegas Campante
  12. Son de Arrieiro de Julia Mar Bande Pivida  (Tinto)
  13. Joaquín Vázquez 2020 de Adega Joaquín Vázquez (Tinto)

PLATA

  1. Saramusa 2021 de Pateiro Vinos de Guarda
  2. Cunqueiro III Milenium 2021 de Bodegas Cunqueiro
  3. Mónica Albor Mencía, Sousón, Caíño tinto 2021 de Mónica Albor López (Tinto)
  4. Val de Souto 2021 de Bodegas Val de Souto (Tinto)