O taller de instrumentos musicais que sufriu un incendio ten xa un 80% da financiación grazas a un proxecto de crowfounding

O taller de instrumentos musicais que sufriu un incendio no mes de xuño consegue xa un 80% da financiación para recuperalo grazas a un proxecto de crowfounding

A noite do 11 ao 12 de xuño, o taller dun mozo do Val, na parroquia de Vilaseco, en San Cristovo de Cea sufría un terrible incendio e quedaba totalmente estragado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Roberto Carlos Pérez Álvarez, coñecido como O Reberete, adícase profesionalmente á fabricación de instrumentos tradicionais galegos desde fai máis de 10 anos neste agora derruido taller.

O Concello de San Cristovo de Cea, mostrou ao artesán a súa predisposición a axudarlle nesta situación tan difícil e cedéronlle de forma gratuita un espazo no Viveiro de Emprendemento Municipal para que poidese continuar ca súa actividade profesional.

Ademáis diso, Roberto Pérez iniciou unha iniciativa de financiación colectiva online na que calquera persoa pode colaborar encargando ó artesán instrumentos ou comprando “accións” que se están a publicitar na páxina do proxecto. Ata o de agora, xa conta con 700 mecenas que colaboraron con este proxecto e o importe acadado ascende a 31.700 euros.

Roberto Carlos rememora os sentimentos tralo incendio e agradece tamén a collida da súa inciativa, asegurando que non esperaba esta resposta da xente.