Espazo Común leva a pleno unha iniciativa para que se respecten as leis de transparencias nas contratacións do concello do Carballiño

En tempos nos que as administracións deben apostar pola facilidade para que calquer cidadán obteña a información que precisa, O Carballiño segue a xogar á opacidade absoluta.

O incumprimento das diferentes leis neste sentido, implican unha grave falla de respecto pola propia institución e unha sospeita permanente de intereses espúreos.

AVANTAR ACTIVIDADES

MOCIÓN PARA A QUE SE CUMPLA A LEI NA TRANSPARENCIA DAS CONTRATACIÓNS MUNICIPAIS

                                            EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As distintas actualizacións lexislativas levadas a termo nos últimos anos, inciden moi especialmente na necesidade de fomentar a transparencia na xestión das administracións públicas.

As leis de procedemento administrativo, a Lei de Contratos do Sector Público (en adiante LCSP) e calesquera outras que se consulten exixen que se fomenten as facilidades para que tódolos cidadáns poidan coñecer en tempo real como xestionan as insititucións os seus recursos.

Como é habitual, o Concello do Carballiño brila pola súa opacidade. Faise moi difícil facer un seguimento de todo aquelo que non sexa procedementos abertos que son os únicos que se publican e ás veces aínda así non é sinxelo.

Esta administración ten unha entidade importante e como tal debera comportarse. Sen embargo, atopámonos con un flagrante e constante incumprimento do estipulado no artigo 63 da LCSP, que específica dende 2017 que datos e que información ten que publicarse no Perfil do Contratante do Concello aloxado na web municipal.

Non hai un só dato sobre os contratos menores, non se publica a meirande parte da información dos procedementos, non se da conta de alegacións, reclamacións e modificacións…

En fín, que a sensación é de que ao goberno actual o da transparencia preocupalle moito, preocupalle moito non tela.

Nos tempos de internet, das ferramentas de participación, da transparencia, O Carballiño deambula polos anos escuros da xestión caprichosa e pouco clara.

Ao noso entender, resulta inaceptable na primeira vila da provincia e cabeceira de comarca, que debera ser exemplo de modernidade, de legalidade, e que semella, sen embargo, máis camiño de asemellarse a algún concello que xa está camiño de desaparecer do mapa.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                  SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño cumpla escrupulosamente coa transparencia na xestión dos contratos e nomeadamente que se siga ao pé da letra o artigo 63 da Lei do Contratos do Sector Público.