A Xunta entrega aos centros sociais da provincia de Ourense preto de 95.000 unidades de material de protección individual no décimo envío realizado durante o estado de alarma

O reparto realizouse entre 104 entidades e incluíu 43.300 luvas, 47.797 máscaras, 238 batas das que a metade son doadas por Inditex, 30 mandís, 1.000 gorros, 1.200 calzas e tres pantallas faciais, así como 386 botes de xel hidroalcoólico e 79 garrafas de desinfectante

Esta semana o Goberno galego enviou a décima partida de material aos centros sociais da provincia de Ourense integrada por preto de 95.000 unidades de protección individual que se repartiron entre 104 entidades. Así, repartíronse 43.300 luvas, 47.797 máscaras, 238 batas das que a metade son doadas por Inditex, 30 mandís, 1.000 gorros, 1.200 calzas e tres pantallas faciais, así como 386 botes de xel hidroalcoólico e 79 garrafas de desinfectante.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde que se decretou o estado de alarma, a Xunta de Galicia leva enviadas máis dun millón de unidades de material de protección individual a un total de 179 centros sociais da provincia de Ourense para loitar contra o coronavirus. En conxunto, foron 479.830 luvas, 516.657 máscaras, 19.759 batas das que 7.428 corresponden a doazóns de Inditex, 3.495 mandís, 27.100 gorros e 41.400 calzas,684 pantallas faciais así como diverso material de limpeza e desinfección (4.673 botes de xel hidroalcoólico e 2.123 garrafas de 5 litros de desinfectante).


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliña que o Goberno galego dende o inicio da declaración da pandemia quixo garantir a axeitada protección dos profesionais que traballan nestas entidades de atención e coidado de colectivos vulnerables ao coronavirus polo que “desde que comezou a crise sanitaria pola covid-19 a Administración autonómica efectuou dez repartos de material de protección aos centros sociais tanto públicos como privados de maiores, menores, discapacitados, inclusión, igualdade e xuventude existentes na provincia ourensá”.