O xuizo contra Pachi Vázquez polos contratos feitos na súa época de alcalde do Carballiño comezará o 23 de novembro

O Xulgado do Penal número 2 de Ourense puxo o 23 de novembro como a data na que Pachi Vázquez, ex conselleiro de Medio Ambiente, sentarase no banquillo dos acusados. A maxistrada do caso será Susana Pazos, e o motivo principal desta causa é a explicación da formalización de 60 contratos feitos por Vázquez durante o seu mandato coma alcalde do Carballiño. O xuizo dará comezo ás 10:15 horas e dende a institución estiman que durará ata o día 11 de decembro.

Publicidade

Estas tres semanas de duración son o tempo estimado para que se lle tome declaración ós traballadores, que deberán contar cómo accederon a ese posto de traballo e ós catro cargos que acompañaban a Pachi Vázquez no equipo de goberno. Estes traballadores son Carlos Alberto Montes, sucesor de Vázquez na alcaldía; Alfonso Prado, concelleiro de Persoal entre o 1995 e o 1997; José Antonio Barge, concelleiro de personal entre 2007 e 2011, e María Elisa Domínguez, concelleira de Asuntos Sociais e alcaldesa en función por aqueles anos.

A Fiscalía de Ourense aprecia a existencia dun delito de prevaricación continuada, sospeitando que os contratos fixéronse a dedo. Para Pachi Vázquez solicita dez anos de inhabilitación para emprego de cargo público, o que de ser así apartaríao da vida política.

O caso sufriu moitos retrasos dende o inicio da causa, xa que Vázquez dimitiu en 2015 coma deputado no Parlamento Galego e perdeu a súa condición de aforado. Así, o caso, que estaba xa no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, volve ó xulgado do Carballiño.