O Grupo de Emerxencias do Carballiño fórmase en situacións de risco

IES CHAMOSO LAMAS

O Grupo de Emerxencias do Carballiño traballa nas últimas semanas na realización de prácticas, tanto na Academia Galega de Seguridade Pública como nas súas instalacións. Estas prácticas teñen a finalidade de experimentar situacións de risco e contar ca preparación para facerlles fronte.

Na Academia, varios traballadores estiveron formándose en rescates en altura no entorno urbán ou en técnicas de excarcelación en accidentes. No seu parque, no Carballiño, utilizan os momentos libres das gardas para poñer en práctica simulacros de extinción de lumes ou accidentes e tamén nos últimos días actuacións con visión reducida, cos ollos tapados.

OZOCOgz Deseño Galego