O BNG rexeita o ofrecemento do alcalde Gonzálo P. Jácome de formar parte da Xunta de Goberno Local

IES CHAMOSO LAMAS

Os nacionalistas pídenlle a Jácome que dimita e permita a formación dun novo goberno que poida sacar a Ourense da parálise e do bloqueo no que se atopa

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense envioulle ao Alcalde-Presidente a seguinte resposta á súa proposta de integrar na Xunta de Goberno Local ao resto de grupos da corporación.

HIPER MASIDE

Estimado Alcalde – Presidente do Concello de Ourense,

Acabamos de recibir a súa proposta por escrito na que, diante da imposibilidade de poder convocar a Xunta de Goberno Local, convídanos ao resto de grupos municipais da corporación a integrármonos nela mesmo con carácter de permanencia ata o final de mandato.

O que vostede está a trasladar é, nin máis nin menos que a proposta de creación dun goberno de concentración que lle permita ir queimando etapas e chegar ao remate do mandato á fronte do goberno.

Reiterámoslle a proposta que o BNG ven defendendo ao longo de todos estes meses, que non é outra que vostede se bote a un lado, dimita, e permita a elección dun novo alcalde e un novo goberno que poda sacar a Ourense da situación de parálise na que está sumido.

Todo o mundo, incluso vostede, sabe que é materialmente imposíbel gobernar un concello con tan só tres concelleiros, e máis aínda cando falamos da terceira cidade do país. Por iso, o maior favor que vostede lle pode facer a Ourense neste momento é dimitir e que a corporación elixa un novo goberno.

Calquera outra decisión é incidir na parálise e no bloqueo dun concello ao bordo do precipicio, máxime nun momento tan crítico como este.