O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase na xornada de mañá mércores á nosa contorna. Estará dende ás 16:00 horas ata as 18:00 horas no municipio de Cenlle, ubicado na Praza da Tenencia. Posteriormente, dende as 18:30 horas ata as 21:00 horas, desprazarase ata San Amaro, diante do concello.
Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.