O concello do Carballiño, a través da súa área de igualdade, liderada por Guadalupe Sobrado, e do Centro de Información para a Muller, puxeron en marcha de novo, nos meses de maio e xuño, un taller enfocado nas mulleres, tanto nas parroquias do rural coma no casco urbán.
O taller que se levará a cabo terá o nome de “Enredadas”, e terá lugar en sete sesións nos diferentes locais sociais das parroquias do rural, e para O Carballiño, no Bo Día Familia. Comezou este pasado luns en Santa Uxía e en Arcos.
Hoxe día 10, ás 16:00 horas, en Mudelos e ás 18:00 horas en Veiga. O mércores día 11, ás 16:00 horas, no Torrón e ás 18:00 horas no Bo Día Familia. E o xoves, ás 16:00 horas, en Miomás.

