A 10ª Maratón MTB organizada polo Club Ciclista Os Mosqueteiros reunirá a 300 participantes

O club Ciclista Os Mosqueteiros celebra a súa X Maratón MTB este próximo domingo 15 de maio, transcorrendo polos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo con 300 inscritos nesta ocasión.

A proba dará comezo ás 09:30 horas con saída dende a Praza da Veracruz e terá dúas modalidades. A primeira delas, e a máis dura, a maratón de 73 quilómetros e de intensidade media-alta. A segunda será a de media maratón, de dificultade media e 40 quilómetros. E ademais, puntuable para a Copa Galega de Maratón.

AVANTAR ACTIVIDADES

As agrupacións de Protección Civil dos concellos, Policía Local ou Cruz Vermella garantirán que se poida celebrar o evento en boas condicións.