O Programa de Educación Familiar levará a cabo o III encontro de familias en San Amaro

Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade dos Concellos do Carballiño informamos da realización da actividade III ENCONTRO DE FAMILIAS, co financiada polo Fondo Social Europeo.
A primeira edición desta actividade foi en 2019 no Concello de Piñor, no 2020 foi
imposible desenvolvela por mor da situación pandémica, levándose a cabo no ano2021
no Concello do Irixo.
Nesta ocasión, o vindeiro domingo 22 de maio (conmemorando o Día
Internacional da Familia), terá lugar o III ENCONTRO DE FAMILIAS no Concello
de San Amaro. Será totalmente gratuíto e levarase a cabo no C.E.I.P Eulogio Gómez Franqueira a partir das 16:30H, ofrecendo as seguintes actividades:

  • ESPECTACULO DE NARRACIÓN ORAL E MANIPULACIÓN DE OBXECTOS: ROUPA TENDIDA, a cargo de Xarope Tulú.
  • ESPAZO DE XOGOS PAPORRUBIO: circuíto de xogos de madeira para
    empregar en familia.