Aberto o prazo para inscribirse como persoa voluntaria na organización do 33.º Festival do Teatro Galego

Un ano máis, todas as persoas que o desexen poderán formar parte da organización do Festival do Teatro Galego. Terán a oportunidade de desfrutar de novas experiencias nun contorno agradable, e vivir o festival desde unha perspectiva diferente, coñecer aos nosos actores, actrices e compañías de teatro. Ademais, como é habitual, todas as persoas anotadas terán dereito a aloxamento e comidas. O prazo para inscribirse na 33.ª edición do FETEGA remata o venres 29 de xullo. O formulario de inscrición atópase en www.fetega.gal.

A Asociación Cultural FETEGA, con CIF G32398042 cumpre coas obrigas, reguladas na Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria coas persoas voluntarias. Igualmente subscribe unha póliza do seguro de accidentes e responsabilidade civil para as persoas voluntarias que colaboran coa nosa entidade, segundo o artigo 11 da Lei 10/2011, de 28 de novembro, do Voluntariado de Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES