O concello de Cea fixo a entrega de diplomas cos compañeiros do Obradoiro de emprego arrieiros II.

Na entrega estiveron presentes o xefe territorial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, Yago Borrajo; o alcalde do Irixo Manuel Cerdeira; o alcalde do Concello de Cea, José Luis Valladares; o alcalde do Concello de Piñor, José Luis González ; a directora do Obradoiro, Ana Belén González; a administrativa, Ana Belén Salve; a docente de forestal, Mónica Domínguez; a docente de xardinaría, Tamara García; e a docente de educación básica, Esther Nogueira.

Nestes nove meses estes vinte compañeiros poideron adquirir competencias clave no sectores de forestal e xardinaría. Algúns xa teñen contratos no sector. Seguimos apostando pola formación no rural.

AVANTAR ACTIVIDADES