O Club Ciclista Carballiño celebrou esta fin de semana a súa quinta edición da BTT en familia. O evento é unha actividade lúdica, sen fins de competición, para desfrutar da bici e da contorna, cun total de 125 inscritos nesta ocasión. De novo foi un éxito, a pesar da ameaza de treboadas e algunha que outra pinga de choiva, que non botaron para atrás ós participantes, que desfrutaron do percorrido de 10 quilómetros con parada en Pena Cobertoira, merenda e sorteo de agasallos.
E tamén esta fin de semana, Alex García, do Club Ciclista Carballiño, quedaba 3º en Cadete, no Superpresstigio Faster MTB de Tibi, en Alicante, defendendo á Selección Galega.
