O IES Chamoso Lamas celebra o I Econtro de Emprendedores

Esta mañá tivo lugar o “1º encontro de emprendedores Chamoso Lamas” que se se celebrou no IES M. Chamoso Lamas e que organiza o Departamento de Administrativo. A actividade está dirixida a todo o alumnado de ciclos e ao de 1º Bacharelato.

Para a súa inauguración estivo presente o tenente alcalde do concello do Carballiño, Manuel Dacal, quen destacou o pulo que se está a dar conseguindo ese ciclo de FP Dual en soldadura pioneiro na provincia e a ampliación deste centro para os próximos anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte do concello tamén estivo a orientadora laboral, Iratxe García. Dende a súa área ofrecese apoio e seguimento a todos os que comezan a súa busca dun emprego. Nos últimos meses a cifra de empregados incrementouse notablemente e tamén se está a traballar pensando en crecer no novo polígono compartido con Maside.

Asistiron representantes de distintas empresas da zona. En concreto, estiveron hoxe Daniel González Atanes, de Frigoríficos Arcos; Sandra Adriano, de Adriano Asesoría; Nuria Vázquez, de Electrodomésticos Manuel Vázquez; Alejandro Nogueira, de ANV Motorsport, e Luis Reverter, da Fundación Estanislao Reverter. Todos eles decidiron emprender o seu camiño pola súa conta.

A fundación Estanislao Reverter recentemente remodelou un coche, o famoso “ALPINCHE” que estivo exposto ata esta semana no Centro cultural Marcos Valcárcel en Ourense e que estivo esta mañá no centro educativo.